novos autores, novas creacións
Revista BÚSOLA - páxina principal
Búsola nº1
Despois dunha longa travesía na procura de tinta, papel e autores, por fin pechamos o segundo exemplar da revista de cultura Búsola. Neste fráxil vieiro electrónico que é a rede universal seguimos sobrevivindo grazas á importante reposta dada por ese público anónimo e identificado que atopamos e nos atoparon como unha alternativa digna dentro do marco cultural galego que se publica dixitalmente... [Ver texto completo]
descarga Búsola en PDF Búsola nº 1     SUMARIO
edicións anteriores
Busola nº0 - Sumario
Búsola nº 0
Sumario
Descargar PDF
 
Historia. Carlos Andrés González Paz
Segundo a tradición máis estendida, un triste 17 de decembro de 1483 poñíase fin á vida de Pedro Pardo de Cela, mariscal de Castela. Nese fatídico momento certamente morría o home pero dábase orixe á lenda, a un mito que en moitas ocasións conseguiu escurece-la súa verdadeira historia, unha historia persoal tinxida, como todas, de claroscuros
Social. Solidariedade co Pobo Saharaui
Era miña última noite coa miña familia saharauí. Sadoum había días que descansaba ó meu lado. Esa noite durmiuse chorando, sentín a respiración pausada ó meu lado, as súas mans aferráronse a min e non se desprenderon ata o día seguinte. Dinme conta de que un saharauí para ser feliz non precisa máis que a calor da súa xente e eu xa era un deles
Ciencia. Xurxo Mariño www.udc.es/euf/neurocom/xurxo.htm
Por que temos cerebro? Cal é a súa función principal? Como realiza o seu traballo? A resposta a algunha destas preguntas pode parecernos evidente: temos cerebro para ver, gozar da comida ou incluso pensar; mais, desde un punto de vista biolóxico, a cousa non é tan fácil
Entrevista. Anna María López www.anna-om-line.com
O deseño é a pel deste mundo cambiante e acelerado en que vivimos. Dende a cidade amurallada, Anna tece con talento e personalidade a pel que vista a un mundo moderno, reflexivo e solidario. O deseño para un mundo global.
Fotografía. María X. Castro www.mariaxcastro.com
Descripción.
Comic. José Santos
Descripción
Narrativa. Diana Mandiá
Non, hoxe non vas pensar en estrañas metáforas nin en historias argalleiras coas que buscar as bágoas do máis sensible lector; hoxe queres, por primeira vez en moitos anos, escribir sobre ti, desafogarte, librarte desta tortura que é a existencia aínda que só sexa por un segundo, anaquiño feliz que non borra as tristuras pero que as agocha facéndoas apenas perceptibles
Prólogo. Xurxo Lobato www.xurxolobato.com
Paixón pola fotografía. Así defino a miña relación coa imaxe fotográfica; como un sentimento pasional. Forma parte da miña vida, da maneira de ve-lo mundo ó meu redor. Cando miro estou a encadrar e a busca-las mellores luces.