novos autores, novas creacións
Revista BÚSOLA - páxina principal
outras novas
Nova web do Concello
O Concello do Valadouro estrea páxina web con toda...
 
I Certame de Novela Curta
Finalmente a incerteza rematou e o xurado fallou o...
 
II Certame Banda Deseñada OMIX Valadouro
Foi fallado o II Certame de Banda Deseñada OMIX Va...
 
Cando o Teatro coñece a Radio

O Concello do Valadouro posuía unha frecuencia, 107.9 FM e unhas magnificas instalacións para unha emisora municipal na Casa da Cultura. A chegada de Juan Novás foi chave para darlle uso a todo ese engranaxe que a paixón e vontade de Suso Pardeiro, un enxeñeiro de telecomunicacións retirado, construiu para Radio Valadouro. Juan Novás comezou a remexer neses aparellos máxicos da radiodifusión e contactou cos integrantes do grupo teatral Raiolas de Alfoz para propoñerlles comandar un programa de radio. Actores de teatro nunha radio municipal? O 12 de xullo de 2006 iniciábase un programa chamado Son Vidas, un magazine copresentado por Rubén e Luis Miguel que trataba sobre aspectos cercanos do Val do Ouro e os seus habitantes, ademais de seccións como viaxes, deporte, cociña, libros, etc. Non só se inauguraba un programa senón a etapa máis fértil e creativa da historia de Radio Valadouro. Dende un principio Son Vidas calou na xente do val, a improvisación, humor, axilidade e coordinación aprendida nas súas representacións teatrais foi moi útil á hora de desenvolverse fronte ó micro. O éxito de Son Vidas foi o éxito de próximo, do cercano, do interese do veciño, do compañeiro, do amigo, da familia, en definitiva do noso e a interacción e a quimica co público notouse dende o primeiro minuto de emisión. Juan Novás seguiu procurando apreixar máis formatos e programas para completar unha parrilla cada vez máis grande e variada. Por exemplo: Parolando, debate dirixido por Pepe Peinó, profesor do IES de Alfoz-Valadouro e tamén activo membro de Raiolas, que fixo desfilar pola emisora a moita xente do val e a comarca para confrontar ideas e opinións de temas candentes, De Turismo con Montse, Hora Krono, espacio de deportes liderado por Antonio Cachín, etc, etc. Cada vez hai máis propostas para novos programas e para contruir entre todos unha Radio Valadouro que integre e dinamice a todos os habitantes do val nun servizo social que é imprecindible nestes concellos pequenos. Novos e maiores encenden a radio e sintonizan o dial local antes de calquera opción, mandan mensaxes, envian correos electrónicos e chaman por teléfono porque se sinten parte desta gran familia que é Radio Valadouro. E todo esto iniciouse curiosamente nunha extraña e feliz comunión entre o teatro e a radio.

06-02-2007