O xurado presidido por Eulogio Fernández Sampayo reunido o 23 de agosto decide "conceder o premio deste II Certame de Novela Curta do Concello do Valadouro a Don Adolfo Caamaño Vázquez, de Pontevedra, baixo o pseudónimo “HANKO”, coa súa obra “Un Vulto Suspeitoso”, pola introducción efectuada, pola maneira de construir unha historia sobre a base dun tema cotiá como o alcoholismo, polas referencias literarias e históricas así como pola mezcla dun vocabulario, duro propio do tema a tratar, cun léxico culto e logrado así como as estructuras sintácticas logradas"
Adolfo Caamaño (Barro, 1959) é licenciado en Xeografía e Historia e profesor de Ensino Secundario. Colabora en diversos medios como A Nosa Terra, El Correo Gallego, Faro de Vigo, La Voz de Galicia, etc. e é fundador da revista de creación literaria Hidromel. No seu currículo figuran varios premios literarios como Premio de Relato "Vila das Neves" 1991, Premio Johán Carballeira de Poesía no 1999, Premio de Poesía "María Mariño" no 2007 entre outros moitos. Ademais publicou títulos como O paxaro de mel (Edicións Xerais, 2006) ou Poemario irlandés (Espiral Maior, 2002) |