novos autores, novas creacións
Revista BÚSOLA - páxina principal
Búsola nº5
FINAL DE CICLO. Unha época fascinante na cultura e na sociedade de información mesturouse cunha economía decadente que inflúe nos financiamentos públicos. Búsola, de 6 números saídos do prelo, só recibiu unha vez apoio público, á marxe do Concello do Valadouro, que soportou toda a carga orzamentaria nun compromiso absoluto coa evolución do proxecto, coa súa liberdade creativa e cos beneficios externos, difícil de xustificar dende unha perspectiva...
descarga Búsola en PDF Edición Actual
título
A última Búsola en flash!
O número correspondente a 2011, nº 5, sexta edició...
 
Xurxo Mariño gañador do premio especial do xurado no I Certamen FECYT
A Fundación Española para la Ciencia y Tecnología,...

 
Santiago García gaña o IV Certame de Banda Deseñada OMIX Valadouro
O Xurado presidido polo Concelleiro de Cultura Jos...

 
Manuel Lourenzo, Premio e Presentación
O fillo predilecto do Concello do Valadouro sigue ...

 
Nuria Díaz 1º premio no Premio Pura e Dora Vázquez de Ilustración
Nuria Díaz, unha das grandes protagonistas do últi...

 
Manuel Lourenzo gaña o Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais 2009 coa obra
Manuel Lourenzo, coa obra Flores de Dunsinane, é o...

 
Eva Moreda presentou
Eva Moreda (autora no número inaugural de Búsola) ...

 
Búsola en Flash
Co obxecto de probar modos de navegación máis axil...

 
O venres 11 de xullo inauguramos Búsola
Unha nova Búsola será presentada nesta web e no Sa...

 
Convocatoria para participación no Fanzine Zapatiños Motor
Unha das nosas poetas favoritas, Ana Cibeira, enví...

 
O II Certame de Novela Curta do Concello do Valadouro recaeu en Adolfo Caamaño
O xurado presidido por Eulogio Fernández Sampayo r...

 
Jerónimo Piñeiro de Castro gaña o III Certame de Banda Deseñada OMIX Valadouro
Xa se fallou a 3ª edición deste certame de banda d...

 
Poética de Nebulosas. Carmen Llonín
Unha fermosa fotografía que Carmen LLonín captou ...

 
III Certame de Banda Deseñada OMIX Valadouro
Xa temos aqui a nova edición do Certame de Banda D...

 
Cunqueiro´s Garden
Cando o pai de Alejandro me presentou a Vicente Ve...

 
Cando o Teatro coñece a Radio
O Concello do Valadouro posuía unha frecuencia, 10...

 
Nova web do Concello
O Concello do Valadouro estrea páxina web con toda...

 
I Certame de Novela Curta
Finalmente a incerteza rematou e o xurado fallou o...

 
II Certame Banda Deseñada OMIX Valadouro
Foi fallado o II Certame de Banda Deseñada OMIX Va...

 
Manuel Gago
www.manuelgago.org
 
Contacto: info@busola.net
Fotografía. Estela Insúa
Nacín en Oviedo, aínda que, despois duns cantos destinos, entre eles Fene (A Coruña), a miña familia itinerante e mais eu nos instalamos en Madrid. Estudei Traducción e Interpretación en Aranjuez, e nos últimos anos de carreira decidín facer o ciclo de Fotografía Artística na Escuela de Arte Nr.10 de Madrid. Para facer o proxecto de final de Ciclo,decidín virme para Viveiro, territorio de miña avoa e onde sempre veraneáramos. E desde aquela aquí estou, un pouco dacabalo entre A Mariña e Madrid. Vinme dedicando a diferentes traballos, sempre con algunha tradución entremedias. Apaixónanme as linguas, o ensino, a arte. De todo se aprende e todo ten o seu lado bo, mais agora quero dedicarme ao mundo das imaxes. Interésanme moito os procesos fotográficos antigos e as súas aplicacións, de maneira que niso estou. Deámoslle tempo ao tempo; aínda que, por estes lares, o tempo corre que se mata.
Ciencia. Casto Rivadulla
Nado na Pobra do Caramiñal no ano 1969. Licenciado en Bioloxía no 92, doutor pola Universidade de Santiago no 96, bolseiro Fullbright no MIT do 98 ao 2000. Profesor de fisioloxía e membro do grupo NEUROcom na Universidade da Coruña dende o 2000. Interesado en entender como funciona a parte do cerebro dedicada ao sistema visual. As miñas liñas de investigación abertas van dende o efecto dos cannabinoides na resposta das neuronas, ata os mecanismos neuronais que se poñen en marcha para dicirnos que o que buscabamos está “alí”, ou como se regula o fluxo de sangue no cerebro en función da actividade. Con resultados publicados nalgunhas das mellores revistas científicas como Nature ou Journal of Neuroscience. Como divulgador, son membro fundador da Asociación galega de comunicación científica, e participo en actividades de divulgación relacionadas co sistema nervioso dende hai varios anos. Responsable da semana da neurociencia na Domus, celebrada en colaboración cos museos científicos coruñeses no ámbito da semana mundial do cerebro. 2º premio no IV Certamen “Teresa Pinillos” de divulgación científica y humanística, Ensaya’08 . Un dos creadores, organizadores, participantes dos cafés teatro científicos, unha das actividades de divulgación científica con máis éxito e repercusión dos últimos anos.
Banda Deseñada. Eduardo Maroño www.unollodevidro.blogspot.com
Naceu na Coruña en 1974. Con estudos de Dereito e Pedagoxía, toda a súa vida profesional está vencellada ao ensino. Dende 2005 escribe sobre cómic no seu blogue, www.unollodevidro.blogspot.com. Para culturagalega.org elabora a columna “Paisaxes de papel”, un percorrido polo mundo da man da banda deseñada. Tamén colabora coa revista dixital Ábrete Libro. Debido a unha intensa vida familiar e laboral só le entre 6 e 7 da mañá.
Crónica. Inés Liste www.beliscospequenos.blogspot.com.es/
Inés Liste, nada en Oroso no ano 79, lembra un caderno vermello que encheu de contos mentres pasaba o sarampelo na cama. Continuou deitando palabras por gusto no blogue Beliscos Pequenos, colaborou na revista dixital Sono-Tone e escribiu artigos para o xornal electrónico Galiciaé. Na Regueifa Plataforma pódense descargar textos seus coma 28 ou Tería que drogarme, ademais de Proxecto Identidade, unha obra colectiva na que os autores eran integrantes da rede galega de blogues. Máis adiante gaña o VII Certame de microrrelatos da Lonxa Literaria de Moaña cun relato que logo aparecería en Dorna.
Narrativa. Ledicia Costas
Nacín en Vigo alá polo 1979, cando o verán estaba a piques de morrer. Escribo desde que teño memoria. Poesía, relato, novela, palabras, palabras, palabras. En plena adolescencia parín Unha estrela no vento, novela que Edicións Xerais publicou no 2000. Logo viñeron outros textos (como a novela Mortos de Ningures, Everest 2011), publicacións colectivas, videocreación, a necesidade de recitar. A día de hoxe síntome poeta con alma de equilibrista, porque recito nos lugares máis propicios á caída: no autobús, no supermercado, na perruquería, en tendas de conxelados… E debe ser por iso que formo parte do colectivo Poetas da Hostia. Actualmente son tesoureira de Gálix(Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) e Community manager da mesma institución.
Poesía. Miguel A. Alonso www.forxadordeversos.blogspot.com/
Dende que espertei formo parte do colectivo A PORTA VERDE DO SÉTIMO ANDAR, teño participado en diferentes iniciativas culturais en Galicia e Portugal, en recitais propios e alleos. Colaboro coa revista cultural ATENEA, e teño publicado tanto en Galicia como en Madrid. Acadei o 2º premio no certame de relatos CIENCIA QUE CONTA 2010, e fun o coordinador do libro AS VOCES DO PAN, que acollía poemas referentes ao edificio da Panificadora en Vigo. Son unha das nove voces do libro de poesía, “SÉTIMO ANDAR, POESÍA ALÉN” considerado por fervenzas literarias o 3º mellor libro de poesía do ano 2010, cousa que non sei se é verdade pero é fermoso. Actualmente traballo xunto cos meus compañeiros e amigos na realización dos cadernos “Q de Vian”; preparo a saída do meu primeiro libro de poemas infantís “O CULLARAPO CROQUE”,e unha Antoloxía poética da Porta Verde. e como dicía Celso Emilio: “Mentras imos andando...”
Banda Deseñada. Santiago García www.cuikointhemillo.blogspot.com.es/
Matricúlase na Escola de Arte e Superior de Diseño Pablo Picasso da Coruña onde acada o título de ilustrador. Durante a súa estadía na Coruña comeza a participar en concursos de cómic e ilustración, acadando varios premios (Arzúa, Astillero e en duas ocasións en Las Rozas). Realiza tamén traballos de storyboard, murais, ilustracións para libros e colabora ilustrando unha novela episódica na revista "The Lunes" Acada o IV edición do Certame de Banda Deseñada OMIX Valadouro pola súa obra "Laguna" Santiago, acaba de autopublicarse Cirque Paradise. A obra, dispoñible integramente na rede, é unha historia de 17 páxinas con abondosos extras a toda cor e unha abondosa dose de humor negro. O seu traballo valeulle o Premio Extraordinario del Ciclo de Ilustración 2008-2010 da Escuela de Artes Pablo Picasso da Coruña. Neste número de Búsola debuxa unha historia sobre o mito de Pardo de Cela sobre un guión de Kike Benlloch.
 
Deseño: patriciasaco.com - Programación: ilargi.net